O Programa Integrado de Emprego de Galicia, CEC:Activa Emprego, é un proxecto intregrado de emprego con intermediación laboral, gratuito, da Confederación de Empresarios de La Coruña, financiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, cuxo obxectivo é mellorar a empregabilidade e a inserción laboral de 100 persoas traballadoras desempregadas da Coruña, pertencentes aos colectivos identificados como prioritarios:

OBXECTIVOS XERAIS

Primeiro Obxectivo

Facilitar o acceso ao mercado laboral das persoas participantes no Plan

Segundo Obxectivo

Aumentar a súa formación e habilidades para a inserción laboral, mellorando os seus coñecementos, actitudes e aptitudes para a empregabilidade.

Tercer Obxectivo

Levar a cabo procesos de intermediación laboral entre empresas e os participantes

COLECTIVOS BENEFICIARIOS

Persoas da Coruña en situación de desemprego.
Persoas desempregadas con discapacidade 5
Persoas desempregadas en risco de exclusión social (incluidas as perceptoras de Risga) 5
Persoas desempregadas mulleres coa condición de vítimas de violencia de xénero 5
Persoas desempregadas menores de 30 anos con baixa cualificación 35
Persoas desempregadas menores de 30 anos cualificadas 35
Persoas desempregadas maiores de 45 anos 5
Persoas desempregadas perceptoras de prestacións, subsidios por desemprego ou renda activa de inserción 5
Persoas desempregadas beneficiarias de axuda do programa de recualificación profesional 5
Total 100

CONTIDOS DA ACCIÓN FORMATIVA

Os beneficiarios/as do proxecto gozarán de 300 horas formativas, a partir de Xaneiro de 2019, divididas en:
PROPOSTA FORMATIVA
Formación Transversal: Manexo de aplicacións informáticas básicas no entorno de traballo.

Manexo básico de redes sociais no entorno de traballo. Introdución ao márketing dixital.

Inglés no entorno profesional. Nivel básico.

Inglés no entorno profesional. Nivel intermedio.

Formación para o emprego: Curso 1: Recepcionista- empregado de hotel

Curso 2: Manipulador de alimentos e alérxenos

Curso 3: Xestor establecemento comercial

Curso 4: Formación específica en xestión actividades de almacén

Curso 5: Carretillas elevadoras e transpaletas eléctricas

Formación acreditable:

MF0969_1: Técnicas administrativas básicas de oficina

MF0973_1: Gravación de datos

MF0974_1: Tratamento de datos, textos e documentación

Obradoiros: Coaching: Intelixencia emocional. Técnicas para a busca de emprego.

Coaching: Intelixencia emocional. Motivación para o autoemprego.

Como emprender. Ideas de negocio e viabilidade

Elaboración de plan de negocio emprendedores.

Elaboración de CV e cartas de presentación

Habilidades sociolaborais: confianza, comunicación e autoestima

Obradoiros de entrevista

Busca de emprego a través da rede

Obradoiros sobre mobilidade xeográfica

NECESITAS TRABALLADORES/AS PARA A TÚA EMPRESA?

Este programa invita a tódalas empresas que desexen contratar persoal a poñerse en contacto coa CEC a través de activaemprego@cec.es

ESTÁS SEN EMPREGO OU NECESITAS ORIENTACIÓN?

Programas Integrados de Emprego de Galicia